top of page
Foto del escritorAndrés Gaos Feijóo

Qué fixemos para atoparnos nesta situación? Qué parte de responsabilidade temos nós en todo isto?

Neste artigo simplemente compartirei unha reflexión que un compañeiro de profesión, Pablo Morán, colgou nas redes sociais. Un punto de vista moi a ter en conta, xa que fai un análisis moi interesante do porqué chegamos á situación de desamparo na que agora nos atopamos.

 

“Comentando unhas recentes declaracións do presidente galego sobre unhas cantidades destinadas ás orquestras, hai que decir que as relacións coas administracións son sempre coas empresas e as suas asocacións empresariais e cos traballadores e as suas asociacións sindicais. Isto pasa aquí e, se non me equivovo, en calquer tipo de sociedade en calquer lugar do mundo. Cando hai diálogo cun sector e a administración decide apoiar con dinheiro sempre ese apoio vai ás empresas e emprendedores, porque entre outras cousas crean emprego. Os traballadores que traballan por conta allea, no caso de recibir algún tipo de axuda, sempre vai ser como unha prestación por desemprego, axudas para a formación, becas para estudos, etc. Pero normalmente as administracións non financian os salarios dos traballadores que traballan en empresas. Son as empresas as que tenhen que respectar unhas relacións laborais en condicións para poder ofrecer contratos de traballo decentes e posteriormente poder acceder ás axudas das administracións, e os traballadores a cobrar as prestacións de desemprego. Se isto non foi así nesta pandemia, tanto no ámbito das verbenas, como no jazz, rock, etc., mentras millóns de persoas están en ERTEs, está claro que hai responsabeis, e non son as administracións, que fan o que poden, pero que tamén está claro que sobre a sua mesa non está toda a documentación fiscal e laboral que debería estar.

Agora estáse presionando sobre todo desde o sector empresarial e, tal como tamén se di por aquí, as empresas que funcionan ben, con legalidade, tenhen todo o dereito a ser compensadas por non poder traballar, e os seus traballadores a ir ao desemprego ou continuar cobrando as prestacións. O enorme problema é que as administracións, polas noticias que me chegan, está alucinadas e sen saber qué facer diante de tanta informalidade, irregularidade ou directamente diante de tanta economía submerxida na que se move boa parte do espectáculo.

Hai tres anos que existe un Convenio colectivo de orquestras de Galicia, que garantiza un salario mensual mínimo, que é como sempre se cobrou neste sector, pero a maioría das empresas do sector continúan a cotizar exclusivamente por actuación, por bases pequenas, para traballadores que maioritaroamente non cobran por actuación, senon por mes, e deste xeito as empresas non mantenhen ningún vínculo ou contrato cos traballadores en canto remata unha actuación, e están informando á administración constantemente de que os traballadores, salvo esas actuacións cotizadas, están permanentemente en situación de demandantes de emprego, aparte de deixar sen cotizar os ensaios, gravacións e outros tempos á disposición da empresa. Onde están todos eses miles de postos de traballo dos que tanto se fala agora?

Creo que esta pandemia trouxo moitas cousas malas. Pero se non se aproveita esta crisis para reorganizar as actividades empresariais, ponher todas as relacións laborais dentro da legalidade, como en calquer outro sector, todo volverá a ser como antes e non se ha de tardar en convertir todo o espectáculo comercial en

un djs con figurantes en grandes palcos.

Boa sorte, que falta fai”


E ti qué opinas ??




0 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page